martes 10 de febrero de 2009

Gipsy King

Queridos Inquicianos!

Hoxe é un día de ledicia.


Remata unha vida e comeza outra. Un hurra polo noso gipsy king.

Viva o Rei!

martes 3 de febrero de 2009

Presente e futuro

Queridos Inquicianos!

Este é o meu tmpo a miña historia contemporánea.


Ainda así, esta é amiña esperanza

Quen sabe que nos deparará o día de maña.

Ata pronto ben queridos inquicianos

lunes 29 de diciembre de 2008

Próspero ani novo

Queridos inquicianos!

Esta mensaxe non ten outro fin que o de desexarvos un bo find eano e que o vindeiro ano sexa incluso mellor que o que remata.

Sen máis, sede felces e desfrutade da vida.

Bicos e apertas.

miércoles 17 de diciembre de 2008

Harina pa los pollos

Queridos inquicianos!
Escribovos dende o meu curso de deseño de traballos académicos e de investigación; a forma encuberta que ten a universidade de vendernos o uso do galego no ámbito científico e académico, así como nas novas tecnoloxías, xerando, o meu xeito de pensar, moita máis reactancia que se o dixeran abertamente, puidendo ir así a xente interesada.
Aínda que pareza mentira o curso dá para moito, reviso o meu correo, o blog, e leo as noticias. así por exemplo, puiden leer a que montaron os americanos nas súas enbaixadas porque lles mandaron fariña en sobres, onde imos a parar....


Pero ben, o motivo da mensaxe non é ese. Simplemente é para poñervos ó día da miña cotidianidade. Por iso, e debido a estas datas nas que estamos, teño que falarvos dos amigos invisibles e demáis descoñecidos os que facerlle regalos.
Estiven a pensar (de verdade, non é mentira) e aqui fagovos unhas cantas suxerencias coas que nunca erraderes:
1. un tanga comestible; pois senon lle gusta polo menos pode comelo (sponsored by Turu)


2. un mono (dependendo do presuposto establecido); que nunca soñou ter un mono maiordomo














3. un xogo da oca portatil; é imprescindible no fondo da maleta.








4. un calendario de peto co xogo da oca; nunca sabes en que ascensor vas quedar pechado, nin con quen








5. uns condóns (home a home); cando os vaia a usar lembrarase de vos e será unha longa noite (ainda que será dificil que de pedra) XD.


6. unha caixa de mistos; utilidade indubidable.


7. unha caixiña de almax; xa se sabe que nestas datas, e home precavido vale por dous.




8. calquera cousa que brille e sexa inútil; non pode fallar.



E iso é todo, creo que ides ben servidos desta vez seredes os "putos amos" do amigo invisibel.
















Ata pronto benqueridos inquicianos.








lunes 15 de diciembre de 2008

Secuestro

Queridos Inquicianos!

Veño de ser vitima dun rapto; máis ben de dous.




Dunha banda o blog tiñamo secuestrado a web e non me deixaba actualizar.

Doutra banda, a universidade, que finalmente tivo a ben admitirme nos seu 3º ciclo (ainda que sexa matriculado na facultade de bioloxía e adscrito ó departamento de psicobioloxia e psicoloxia clínica), tivome afastado do mundo con montes e moreas de traballo.




Pero ben, así como primeiro comentario, o que se me ocurre é contarvos, que a pesar dos pesares e das trabas que me puxeron para matricularme, xa estou dentro, e ademáis, como apunte positivo, podo dicir que serei doutor polas tres universidades galegas sen ter pisado duas delas nunca na miña vida. Así é a burocracia.

Ata pronto, espero, ben queridos inquicianos.